Eventos

Buscador

    a
Obxectivo: 

Este obradoiro informativo está orientado a que autónomos e micropemes coñezan dunha maneira máis detallada o uso do medio de comunicación máis utilizado na actualidade: as redes sociais. Cunha gran penetración na poboación, estas teñen unha gran importancia nas relacións coa clientela e inflúen nas súas compras. Por iso é necesario coñecer as vantaxes que poden xerar nunha empresa a través das ferramentas e técnicas de venda dispoñibles neste medio, para construír unha imaxe positiva de marca cara ás nosas persoas consumidoras e clientela potencial.

Contidos:
• Factores para mellorar a túa presenza en internet 
• Introdución en redes sociais 
• SMP-Social Media Plan en redes sociais
• Técnicas de vendas en redes sociais 
• Recomendacións de actuación
• Casos de éxito: exemplos reais sobre éxito en redes sociais

Relator: José Luis Taboada. Inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Obxectivo:

Neste obradoiro trataremos de iniciar a autónomos, pequenos empresarios e emprendedores na análise dos resultados que obtemos nos nosos sitios web, unha ferramenta de negocio que nos axuda a entender o comportamento das persoas usuarias para que poidamos mellorar a súa experiencia. Desta forma seremos máis atractivos e obteremos máis visitas e de mellor calidade, o que nos axudará a obter máis e mellores vendas.

Contidos:
•	Introdución, metodoloxía e importancia da analítica web
•	Como funciona Google Analytics?
•	Creación dunha conta 
•	Creación e instalación do código de seguimento
•	Conceptos e métricas básicas
•	Informes estándar ¡Mans á obra!

Relator: o obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web