Eventos

Buscador

    a
Obxectivos:
Neste obradoiro aprenderemos a sacarlle moito máis partido á nosa conta de Google, xa que non só é unha conta de correo baixo o dominio gmail.com, senón que desde a versión web de Gmail se poden xestionar todas as contas de correo que queiramos, incluso as corporativas da nosa organización. Ademais, esta ferramenta pode ser a nosa base de datos de clientes, xa que dispón dunha axenda de contactos moi áxil e robusta. Todo isto está accesible a través da nube, desde calquera parte e en calquera momento.

Contidos:
•	A miña conta de correo de Gmail
•	Versión web de Gmail como xestor de contas de correo electrónico. Configuración para recibir e enviar correos desde as contas que queira
•	Xestionar os meus correos electrónicos de empresa
•	Configurar as miñas firmas corporativas nos correos
•	Axenda de contactos que facilita a comunicación con provedores e clientes
•	Configuración de contas en iOS e Android

O taller será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levanto mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.
Obxectivo: 
Aprender a realizar fotografías de mellor calidade visual para potenciar a visibilidade dos produtos nas redes sociais e no comercio en liña en xeral. Deste modo o teu escaparate virtual atraerá máis seguidores e clientes potenciais. 
A fotografía non ten que ser difícil. Tes unha tenda en liña? Un sitio web sobre arte ou artesanía? Tes unha páxina dun restaurante cun blog culinario? Este é un obradoiro básico dirixido a principiantes (non profesionais) que queren facer mellores fotos no seu propio local comercial, estudio, casa, etc.
Contidos:
•	Coñecer cal é o equipo necesario, tipos de cámaras, entre outras ferramentas e insumos que se poden adquirir para facer mellores fotos
•	Fotografía básica
•	Facer un estudio fotográfico de baixo custo
•	Escoller o mellor fondo
•	Cómo se deben preparar os produtos antes, durante e despois da sesión
•	Formas de fotografar roupa, calzado, gastronomía, entre outros produtos de interese (previa solicitude dos participantes)
•	Resolución de dúbidas ou inquietudes

Ponente: Nirioxis Rodríguez é Técnica Superior en fotografía pola Escola de Arte e Deseño Maestro Mateo, con máis de 6 anos de experiencia.