Eventos

Buscador

    a
Obxetivo
Que te parece facer fotos que apeteza mirar? Fotos que inviten a escaparse; imaxes que transmitan as cores do encanto, o son do auga; uns bos días ben dados; un lugar onde contar historias; a paz; a espera; que che apetece probar a gastronomía dese lugar; un azul moi intenso; unha noite romántica e unha maña chea de vida; o minimalista; unha charla pendente; un segundo aire; a vida apracible.
A fotografía para espazos turísticos non se basea tanto no avanzada e custosa que sexa a túa cámara ou dispositivo móbil, tratase mais de aprender cales son eses elementos da composición visual que te axudaran a facer fotografías que transmitan a esencia do teu establecemento turístico e do espazo rural que o rodea.
Contido:
1.- A clave esta en comunicar
2.- É o equipo un factor determinante a hora de acadar fotografías atractivas?
3.- Cales son os elementos básicos que se requiren para fotografía co SmartPhone?
4.- Antes de disparar ha de saberse mirar.
5.- A regra dos terzos
6.- Que se precisa para gravar un vídeo?
7.- Softwares mais empregados para crear presentacións con fotos e vídeos
8.- Conclusións


Ponente: Nirioxis Rodríguez é Técnica Superior en fotografía pola Escola de Arte e Deseño Maestro Mateo, con máis de 6 anos de experiencia.
Obxectivos:
Hoxe en día somos conscientes das vantaxes que ten para o noso negocio o dispoñer da información aloxada "na nube", na Internet: acceso desde calquera lugar, manter copias de seguridade da nosa información... pero adoitamos utilizar solucións privativas (tipo Dropbox ou Google Drive). Neste obradoiro coñeceremos como crear a nosa propia "nube" ca ferramenta OwnCloud. OwnCloud é unha aplicación de software libre para aloxamente de arquivos, que permite almacenamento e compartición en liña. É unha alternativalibre ás solucións privadas existentes no mercado, que pon moita énfase na flexibilidade e na seguridade.

Contidos:
• Introducción: Que é OwnCloud e introducción a CloudComputing
• Interface de OwnCloud
• Clientes de sincronización
• Copias de seguridade
• Instalación de OwnCloud Server
• Caso práctico