Eventos

Buscador

    a
Obxectivo
Unha imaxe vale mais que mil palabras, a proba atopámola en Instagram, a rede social de contido audiovisual que mais ten crecido nos últimos anos. De uso sinxelo e con un gran publico potencial, permite aos profesionais e ás empresas conectar de forma rápida coa súa audiencia, creando unha imaxe de marca cércana formando unha comunidade activa arredor da mesma.
Neste taller adestrarémonos en Instagram dende o enfoque profesional, coñecendo as funcionalidades que nos ofrece e recomendando a estratexia a seguir nela en función dos nosos obxectivos. 

Contidos
1.	Introdución a Instagram
2.	Por que a miña empresa debería estar en Instagram?
3.	O perfil de empresa en Instagram
4.	Estratexia de contidos
Marcas nas que inspirarte

Relator: o obradoiro será impartido por Alberto Falcón, Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad do País Vasco e Máster en Integración de Redes en contornas Internet, con mais de 12 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web. Especialista en Marketing Online.