Eventos
Eventos
Buscador
10/11/2016 19:00
Obxectivos: Neste obradoiro aprenderemos a sacarlle moito máis partido á nosa conta de Google, xa que non só é unha conta de correo baixo o dominio gmail.com, senón que desde a versión web de Gmail se poden xestionar todas as contas de correo que queiramos, incluso as corporativas da nosa organización. Ademais, esta ferramenta pode ser a nosa base de datos de clientes, xa que dispón dunha axenda de contactos moi áxil e robusta. Todo isto está accesible a través da nube, desde calquera parte e en calquera momento. Contidos: • A miña conta de correo de Gmail • Versión web de Gmail como xestor de contas de correo electrónico. Configuración para recibir e enviar correos desde as contas que queira • Xestionar os meus correos electrónicos de empresa • Configurar as miñas firmas corporativas nos correos • Axenda de contactos que facilita a comunicación con provedores e clientes • Configuración de contas en iOS e Android O obradoiro será impartido por Eliana Bouzas, Licenciada en publicidade e relacións públicas pola Uvigo e Master en Tecnoloxías da Información e desenvolvemento rexional pola USC, con máis de 6 anos de experiencia vinculada a proyectos de alfabetización e capacitación dixital.
10/11/2016 19:00
Obxectivo: Entender as relacións cos teus clientes é moi importante, especialmente no mundo dixital. O obxectivo principal neste obradoiro é aprender como dar a coñecer a túa mensaxe, produto ou servizo mediante o correo electrónico. Coñeceremos as vantaxes de utilizar unha ferramenta específica para iso, como mellorar o seu deseño, medir o impacto das túas diferentes campañas e o resultado destas. Contidos: • Introdución ao E-mail Marketing • Como deseñar unha estratexia de E-mail Marketing • Deseño en E-mail Marketing • Ferramentas • Recomendacións para crear campañas perfectas Relator: o obradoiro será impartido por Alberto Falcón, Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad do País Vasco e Máster en Integración de Redes en contornas Internet, con mais de 12 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web. Especialista en Marketing Online. É asesor de SmartPeme en Pontevedra
Rexistro
Calendario eventos
« | Novembro 2016 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 |
- Ciberseguridade, ransomware e suplantación de Identidade06 de maio de 2024 10:30Máis información
- Instagram para principiantes II07 de maio de 2024 12:00Máis información
- Ciberseguridade, que son as cookies e como xestionalas08 de maio de 2024 10:30Máis información
- Ciberseguridade, uso da VPN13 de maio de 2024 10:30Máis información
- Márketing Dixital en TikTok14 de maio de 2024 12:00Máis información
- Programación con Arduino Módulo II - Parte I15 de maio de 2024 10:30Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento