« Volver

 

Benvido ó portal web SmartPeme da Deputación de Pontevedra. Ó utilizar o noso sitio web, está obrigado a cumprir os termos e condicións de uso do mesmo, en consecuencia, por favor, revíseos coidadosamente. Se vostede non está de acordo con algún deles, non debe utilizar este sitio web.

PRIMEIRA

Os dereitos de propiedade intelectual da web "www.smartpeme.depo.es" corresponden en exclusiva á Deputación de Pontevedra. A utilización por terceiros só poderá producirse previa autorización, citando a súa orixe e propiedade. Calquera utilización á marxe do exposto, incluíndo os fins comerciais ou de calquera outra maneira inadecuados, infrinxen os dereitos de propiedade intelectual. O acceso e utilización da web é responsabilidade única do usuario.

SEGUNDA

A información contida na web ten carácter meramente orientativo e non vinculante, susceptible por isto de modificacións en calquera momento e, en todo caso, non prevalente nin preponderante sobre os trámites e prazos contidos en calquera norma de procedemento ou de calquera outra natureza, das publicacións preceptivas ou facultativas que deban levarse a cabo no DOCE, BOE, DOGA, BOP e outros nin do disposto no Rd 208/96 que regula os servizos de información administrativa.

TERCEIRA

O tratamento de datos de carácter persoal está suxeito á Lei orgánica 15/1999 e ó Real decreto 1720/2007 do 21 de decembro que desenvolve o regulamento da dita Lei.

CUARTA

As ligazóns ás "webs" de terceiros ("links") non lle xeran responsabilidade ningunha á Deputación de Pontevedra.

QUINTA

A Deputación advirte que o envío de correo masivo ou non solicitado ("SPAM") dirixido ás contas de correo electrónico utilizadas na web dará lugar á esixencia da oportuna responsabilidade ó remitente.