Eventos

Buscador

    a
Obxectivos:
Este obradoiro ten como obxectivo mostrar a importancia e as distintas vantaxes de ter seguidores no noso perfil profesional. En consonancia con isto, a idea é achegar o necesario para que os asistentes manexen as técnicas básicas, mostrando exemplos que lles permitan ver como se plasman na práctica estas técnicas, para que a continuación traballen sobre eles.

Serán capaces de conseguir aumentar seguidores ou fans nos seus propios perfís profesionais.

Contidos:
•	Importancia dunha imaxe de marca en internet
•	Factores para mellorar a túa presenza en liña, tipos de contidos (imaxes, infografías, vídeos, artigos, presentacións)
•	Introdución ás redes sociais. Creación dunha páxina de fans en Facebook e outras redes sociais
•	Técnicas especializadas para aumentar seguidores
•	Imaxe e reputación en internet
•	Ferramentas do día a día
•	Publicidade en redes sociais

Relator: José Luis Taboada. Inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Obxectivo:
Este obradoiro ten como principal obxectivo orientas a pymes e autónomos na adopción das súas primeiras ferramentas para a xestión dos procesos de facturación, relación con provedores e procesos da empresa.
Durante o obradoiro, explicarase en que consiste cada unha de estas ferramentas, e falarase de varias posibilidades gratuítas para autónomos e micropemes.

Contidos:
• Necesidades de autónomos e micropemes
• Definicións
• Ferramentas gratuítas
• Caso practico

Relator: o obradoiro será impartido por Alberto Falcón, Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad do País Vasco e Máster en Integración de Redes en contornas Internet, con mais de 12 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web. Especialista en Marketing Online. É asesor do SmartPeme de Pontevedra