Eventos

Buscador

    a
Obxectivo:
Linkedin é unha das redes sociais mellor e máis valoradas por profesionais, autónomos e microempresas, pola súa facilidade para crear unha rede de contactos profesional. 
Orientada a reforzar e a ampliar as túas conexións profesionais e de negocios, Linkedin sitúase como unha das redes sociais principais que toda empresa debería manexar. Por iso, este taller ten como obxectivo coñecer a rede social, como funciona e como aprender a sacarlle o maior partido posible.

Contido:

1.	Introdución a LinkedIn
2.	Como funciona LinkedIn
3.	Optimización de perfil
4.	Xeración de rede de contactos
5.	Creación de páxina de empresas
6.	Recomendacións finais

Relator: o obradoiro será impartido por Andrés Carrera, Inxeneiro Informático pola Universidade de Alcalá. Analista con máis de oito anos de experiencia no deseño, desenrolo e implementación de solucións software para empresas. Especialista en Aseguramento de Calidade do Software. É asesor TIC do SmartPeme de Vigo.