Eventos

Buscador

    a
Obxectivo: 

Neste obradoiro, dirixido a pemes e autónomos, preténdese dar unha visión inicial sobra a publicidade de pago no buscador Google. Daranse as claves para realizar unha campaña de éxito tendo en conta parámetros como, por exemplo, efectividade, medición, conversión e optimización. Trátase de accións publicitarias para os que queiran dirixir tráfico á súa páxina web pagando por aparecer nos primeiros lugares do buscador con ligazóns patrocinadas, ou ben noutros portais web, de forma segmentada e dirixida.

Contidos:
• Introdución
• Crea a campaña
• Grupos de anuncios
• Palabras clave
• Crea os anuncios
• Deseña a páxina web de destino
• Establece o orzamento
• A poxa 
• Realiza un seguimento das conversións
• Interpreta os datos
• Optimiza as campañas

O obradoiro será impartido por Eliana Bouzas, Licenciada en publicidade e relacións públicas pola Uvigo e Master en Tecnoloxías da Información e desenvolvemento rexional pola USC, con máis de 6 anos de experiencia vinculada a proyectos de alfabetización e capacitación dixital.
Aprender a sacarlle partido á cámara do teu teléfono intelixente a través de aplicacións cunha interface moi sinxela baseadas en Android ou en iOS, de maneira que poidas mellorar as túas fotos antes e despois da captura para posteriormente compartilas nas túas redes sociais, coa finalidade de facer actualizacións máis frecuentes, manter o interese do usuariado que te segue y, o máis importante, aforrar tempo, recursos e esforzo.

Contido:
1. Utilizar o teléfono como cámara fotográfica
2. Accesorios
3. Cales son as aplicacións de realización e edición de fotos mellor valoradas polos internautas?
4. Coñezamos a interface de las aplicacións
5. Práctica
6. Resolución de dúbidas ou inquietudes


Ponente: Nirioxis Rodríguez é Técnica Superior en fotografía pola Escola de Arte e Deseño Maestro Mateo, con máis de 6 anos de experiencia.