Eventos

Buscador

    a
Dise que “no hai unha segunda oportunidade de causar unha boa primeira impresión”. As fotos dun inmoble, local comercial ,casa rural, establecemento hoteleiro, especialmente a foto principal ou de cabeceira  debe provocar unha acción nos observadores: querer seguir navegando pola túa web; interesarse por coñecer valoracións doutras persoas; contactar, visitar ou no mellor dos casos, realizar a reserva. Fotos mal iluminadas, desenfocadas, movidas, pobres en detalles, causarían que ese potencial cliente abandonase a túa paxina e buscase outra.
Un estudo realizado por www.trulia.com (portal inmobiliario mellor valorado dos Estados Unidos ) comprobou que os inmobles con mais de 6 imaxes logran mellores resultados nas procuras. Non obstante moitas persoas deixan de chamar a Casa Rural ou Inmobiliaria se as fotos non lle atraen.
O obxectivo deste taller e que aprendas como mellorar as túas fotos, como aproveitar a luz natural e artificial que baña a escena, cales son os puntos de vista en altura e posición que diferencian unha imaxe doutra, como elaborar una presentación de fotos e vídeos para subila a túa paxina de YouTube.
Contido:
•	Que é la fotografía de interiores?
•	Tipos de cámaras.  Pódese fotografar desde o móbil?
•	Preparar os espazo antes de disparar. Que é o Home Staging?
•	Como é a luz que baña unha escena? Aprende a mirar un espazo.
•	Postproducción: as imaxes deben pasar polo “quirófano”
•	Pautas para gravar un vídeo. Estilos e tipos de vídeos. Planos, ángulos e movementos de cámara.
•	Aplicacións ou Softwares máis usados para preparar presentacións con fotografías e vídeos. 


Ponente: Nirioxis Rodríguez é Técnica Superior en fotografía pola Escola de Arte e Deseño Maestro Mateo, con máis de 6 anos de experiencia.
Obxectivos:
Neste obradoiro búscase orientar as empresas e autónomos cara a unha mellora dos seus sistemas de almacenaxe actuais a través dos novos servizos ofrecidos na internet, xa que o uso desta ferramenta permítelle á empresa reducir os seus custos e garantir un mellor tempo de actividade dos servizos mencionados.

Contidos:
•	A nube: concepto e analoxías
•	Por que almacenar na nube?
•	Vantaxes e desvantaxes
•	Dropbox
•	Vinculación de conta
•	Google Drive

O Taller será impartido por Ana Noya, licenciada en socioloxía con mais de 8 anos de experiencia na implantación de ferramentas de xestión en pemes e organizacións publicas.
	Obxectivo:

Neste obradoiro trataremos de iniciar a autónomos, pequenos empresarios e emprendedores na análise dos resultados que obtemos nos nosos sitios web, unha ferramenta de negocio que nos axuda a entender o comportamento das persoas usuarias para que poidamos mellorar a súa experiencia. Desta forma seremos máis atractivos e obteremos máis visitas e de mellor calidade, o que nos axudará a obter máis e mellores vendas.

Contidos:
•	Introdución, metodoloxía e importancia da analítica web
•	Como funciona Google Analytics?
•	Creación dunha conta 
•	Creación e instalación do código de seguimento
•	Conceptos e métricas básicas
•	Informes estándar ¡Mans á obra!

Relator: o obradoiro será impartido por Andrés Carrera, Inxeneiro Informático pola Universidade de Alcalá. Analista con máis de oito anos de experiencia no deseño, desenrolo e implementación de solucións software para empresas. Especialista en Aseguramento de Calidade do Software. É asesor TIC do SmartPeme de Vigo.