Eventos

Buscador

    a
Nos últimos anos incrementouse no noso pais o uso de aplicación electrónicas que abarcan: correo electrónico, firmas e certificados dixitais, conexións seguras a bancos e diñeiro electrónico, comunicación, e outras. Por tal motivo os requirimentos en materia de seguridade con cada vez maiores.
O obxectivo deste taller e proporcionar a autónomos emprendedores e pequenas empresas guías e solucións para que poidan mellorar significativamente a seguridade dos seus equipos informáticos dándolles un uso adecuado.
O taller esta orientado a empleados de pequenas empresas, emprendedores e autónomos con coñecementos básicos de informática, coa intención de fomentar unha cultura de Seguridade Informática adecuada.
Contidos

1.	Seguridade informática

•	Principios da seguridade informática: confidencialidade, integridade e dispoñibilidade
•	Protección de usuarios equipos e datos
•	Copias de seguridade: estratexias e planificación
•	Boas practicas e consellos
•	Caixa de ferramentas

2.	Seguridade na rede

•	Que é un hacker? Tipos de hackers que debes coñecer
•	Perigos na rede: Tipos de malware infeccioso, malware oculto e malware para obter beneficio
•	Correos electrónicos: problemáticas e perigos
•	Boas practicas e consellos
•	Caixa de ferramentas

3.	Seguridade nas comunicacións

•	Identidades na rede
•	Autenticación, claves e contrasinais
•	Perigos nas comunicacións: redes sociais, chats, cámara web, fotografías
•	Boas practicas e consellos
•	Caixa de ferramentas

O taller será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levanto mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.