Eventos

Buscador

    a
Obxectivos:
Este obradoiro informativo está orientado a autónomos e micropemes, co obxectivo de que coñezan mellor a importancia das redes sociais e de como poden mellorar o seu negocio, xa que estas son unha canle de comunicación que serve para proxectar unha imaxe positiva e próxima da nosa marca, produtos ou servizos e permiten establecer relacións e sinerxías con provedores, clientes e, por que non, coa competencia, ademais de ofrecer outras moitas vantaxes, que tamén se tratarán aquí.

Contidos:
• As redes sociais
• Usando as redes sociais: Facebook, Twitter, Google My Business, Youtube, Linkedin.
• Creando o seu propio blog
• Traballando con RRSS

O Taller será impartido por Ana Noya, licenciada en socioloxía con mais de 8 anos de experiencia na implantación de ferramentas de xestión en pemes e organizacións publicas.
Obxectivos:
Neste obradoiro trataranse de mostrar os pasos técnicos necesarios para dispor dun espazo web propio en internet que nos proporcione unha imaxe de empresa, marca ou produto coa que identificarnos e diferenciarnos. Será “a nosa casa” na rede, onde usuarios e clientes poderán atopar os nosos datos de contacto e información de interese sobre os produtos e servizos que ofrecemos.

Contidos:
•	Diferenciemos o que é a web e o que é internet
•	A túa dirección web será a túa marca, escolle ben!
•	Non te enlees coas páxinas web, dedícate a crear os contidos
•	Teño un nome, sei quen son: ó choio! Exemplo de ferramenta coa que poder montar a túa web en 50 minutos
•	E, finalmente, como darnos a coñecer na rede

Relator: o obradoiro será impartido por Alberto Falcón, Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad do País Vasco e Máster en Integración de Redes en contornas Internet, con mais de 12 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web. Especialista en Marketing Online. É asesor do SmartPeme de Pontevedra.

Calendario eventos