Eventos

Buscador

    a
Obxectivos:
Hoxe en día somos conscientes das vantaxes que ten para o noso negocio o dispoñer da información aloxada "na nube", na Internet: acceso desde calquera lugar, manter copias de seguridade da nosa información... pero adoitamos utilizar solucións privativas (tipo Dropbox ou Google Drive). Neste obradoiro coñeceremos como crear a nosa propia "nube" ca ferramenta OwnCloud. OwnCloud é unha aplicación de software libre para aloxamente de arquivos, que permite almacenamento e compartición en liña. É unha alternativalibre ás solucións privadas existentes no mercado, que pon moita énfase na flexibilidade e na seguridade.

Contidos:
• Introducción: Que é OwnCloud e introducción a CloudComputing
• Interface de OwnCloud
• Clientes de sincronización
• Copias de seguridade
• Instalación de OwnCloud Server
• Caso práctico

Ponente: o obradoiro será impartido por Rubén Lema, xerente de Infotecnicos Ibérica Servicios Informáticos S.L., experto na implantación de sistemas de información en empresas.
Obxectivos:

Este taller ten por obxectivos expor as vantaxes dunha xestión eficaz do tempo de cara a mellora da produtividade laboral, así como dar a coñecer as ferramentas adecuadas para esa xestión do tempo e a organización do traballo.
Contido:
1.	Trello
•	Que é?
•	Por que empregalo?
•	Comezando con Trello

2.	Outros xestores de proxectos e tarefas
3.	TOGGL: Contador de tempo


O Taller será impartido por Ana Noya, licenciada en socioloxía con mais de 8 anos de experiencia na implantación de ferramentas de xestión en pemes e organizacións publicas.