Eventos

Buscador

    a
Non todas as redes sociais son adecuadas para acadar os obxectivos do noso negocio. ¿Coñeces Twitter? Con 11 millóns de usuarios en España, Twitter en unha gran ferramenta para ampliar a túa rede de contactos e chegar aos teus clientes potenciais, creando una conversa arredor dos teus produtos e servizos, do mesmo modo que o fan as grandes empresas. Neste taller descubriras esta rede social e poderás ter unha visión certeira de se e unha ferramenta adecuada para o teu negocio e como che pode axudar a atraer o teu publico obxectivo.
1. Qué e Twitter y cales son as súas utilidades
2. Creación y configuración da túa conta
3. Primeiros pasos
4. Glosario de termos
5. Estratexia en Twitter para o teu negocio
6. Twitter Analytics
7. Casos de éxito

Relator: José Luis Taboada. Inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Obxectivo:
O vídeo marketing e as redes sociais visuais son unha tendencia o alza que debes aproveitar para o teu negocio. A cifras falan: 100 millóns de internautas consumen vídeo a diario. 9 de cada 10 ven os vídeos das marcas que seguen e o 65% deles acaba visitando a web tras facelo. En 2018 o vídeo online suporá o 84% de todo o trafico no internet. Neste taller veremos como integrar o vídeo na túa estratexia de marketing online, recomendacións para realizar vídeos que provoquen engagement entre a túa audiencia e cales son as redes sociais (YouTube, Periscope, Facebook...) que che facilitaran a tarefa de difundilos.

Contido:
1.	Vídeo marketing y razóns polas que incluílo na túa estratexia
2.	Youtube
3.	Periscope
4.	Vídeo noutras redes sociais: Facebook, etc.
5.	Aspectos técnicos e estéticos para a realización de vídeos

Relator: o obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
Obradoiro dirixido a usuarios de WordPress con un coñecemento básico que desexen afondar no uso das ferramentas necesarias para a creación e optimización da súa web co CMS WordPress.
Este obradoiro basease na premisa de que os asistentes están familiarizados con WordPress ou teñen asistido ao taller básico de WordPress.

Contidos:

• Xestión de usuarios
• Exportar e importar contido
• Actualizacións
• Plugins de interese
• Integración con redes sociais
• Formularios
• Ferramentas básicas de SEO e analítica
• Copias de seguridade
• Repositorios de temas

O ponente será Jorge Fernández, director de proxectos en Hacce. Licenciado en Publicidade e RRPP e Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo. Experiencia de máis de 9 anos realizando proxectos dixitais para empresas privadas de ámbito nacional e internacional, traballando para marcas como Estrella Galicia, Ramón Bilbao, Inveravante, La Voz de Galicia, PSA ou Paco&Lola.