Eventos

Buscador

    a
bxectivos:

Este obradoiro está dirixido a empresarios e empresarias de pequenas e medianas empresas, persoas emprendedoras e autónomos, que desexen aprender a empregar as ferramentas necesarias para crear o seu primeiro sitio web e profundar no mundo do deseño, desenvolvemento e xestión dunha web co CMS Wordpress.

Contidos:
• Instalación de WordPress.
• Administración da web.
• Configuración básica.
• Manexo dos temas.
• Engadir entradas ó blog.
• Engadir páxinas á web.
• Xestión de menús.
• Xestión de plugins.
• Xestión de widgets.
• Xestionar comentarios.

O obradoiro será impartido por Eliana Bouzas, Licenciada en publicidade e relacións públicas pola Uvigo e Master en Tecnoloxías da Información e desenvolvemento rexional pola USC, con máis de 6 anos de experiencia vinculada a proyectos de alfabetización e capacitación dixital.
Obxectivo:

O tema que se abordará neste curso correspóndese coa segunda parte do obradoiro Google Analytics: Iniciación á analítica Web.
Nesta parte centrarémonos en interpretar os datos dos informes máis importantes e en entender as diferentes métricas e dimensións dos resultados que obtemos nos nosos sitios web. A idea principal que se busca alcanzar é poder chegar á toma de decisións óptima e corrixir pautas para mellorar os nosos obxectivos comerciais. 

Contidos: 
•	Dimensións métricas e valores 
•	As vistas
•	Os obxectivos 
•	Embudes de conversión
•	Referencia de tráfico de campañas

O taller será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levanto mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.
	Obxectivos:
O obradoiro está orientado a axudar as empresas e autónomos a coñecer os recursos e as ferramentas informáticas máis comúns para a mellora da xestión e funcionamento do seu negocio.

Contidos:
•	Introdución
•	Ofimática: procesador de textos, follas de cálculo, etc.
•	Backup e seguridade: antivirus e copias de seguridade
•	Comunicación: correo electrónico e mensaxería móbil
•	Oficina remota

Relator: o obradoiro será impartido por Alberto Falcón, Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad do País Vasco e Máster en Integración de Redes en contornas Internet, con mais de 12 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web. Especialista en Marketing Online.