Eventos

Buscador

    a
Obxectivo: 
Entender as relacións cos teus clientes é moi importante, especialmente no mundo dixital. O obxectivo principal neste obradoiro é aprender como dar a coñecer a túa mensaxe, produto ou servizo mediante o correo electrónico. Coñeceremos as vantaxes de utilizar unha ferramenta específica para iso, como mellorar o seu deseño, medir o impacto das túas diferentes campañas e o resultado destas.

Contidos:
•	Introdución ao E-mail Marketing
•	Como deseñar unha estratexia de E-mail Marketing
•	Deseño en E-mail Marketing
•	Ferramentas
•	Recomendacións para crear campañas perfectas

O taller será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levanto mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.
Obxectivo:
Este obradoiro ten como principal obxectivo orientas a pymes e autónomos na adopción das súas primeiras ferramentas para a xestión dos procesos de facturación, relación con provedores e procesos da empresa.
Durante o obradoiro, explicarase en que consiste cada unha de estas ferramentas, e falarase de varias posibilidades gratuítas para autónomos e micropemes.

Contidos:
• Necesidades de autónomos e micropemes
• Definicións
• Ferramentas gratuítas
• Caso practico

Relator: o obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de A Coruña, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.