Eventos

Buscador

    a
	Obxectivo:
Este obradoiro ten como principal obxectivo orientas a pymes e autónomos na adopción das súas primeiras ferramentas para a xestión dos procesos de facturación, relación con provedores e procesos da empresa.
Durante o obradoiro, explicarase en que consiste cada unha de estas ferramentas, e falarase de varias posibilidades gratuítas para autónomos e micropemes.

Contidos:
• Necesidades de autónomos e micropemes
• Definicións
• Ferramentas gratuítas
• Caso practico

Relator: o obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
Obxectivos:
Este obradoiro ten como obxectivo mostrar a importancia e as distintas vantaxes de ter seguidores no noso perfil profesional. En consonancia con isto, a idea é achegar o necesario para que os asistentes manexen as técnicas básicas, mostrando exemplos que lles permitan ver como se plasman na práctica estas técnicas, para que a continuación traballen sobre eles.

Serán capaces de conseguir aumentar seguidores ou fans nos seus propios perfís profesionais.

Contidos:
•	Importancia dunha imaxe de marca en internet
•	Factores para mellorar a túa presenza en liña, tipos de contidos (imaxes, infografías, vídeos, artigos, presentacións)
•	Introdución ás redes sociais.
•	Técnicas especializadas para aumentar seguidores
•	Imaxe e reputación en internet
•	Ferramentas do día a día
•	Publicidade en redes sociais

O taller será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levanto mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.
Obxectivos: 
Curso básico sobre conceptos de web, enfocado na importancia dunha páxina profesional e os seus beneficios como empresa e o seu correcto posicionamento en internet a través de técnicas gratuítas.

Contidos:
• Conceptos básicos
• Dominios, hosting…
• Para que podo utilizar un dominio 
• .com vs. .es e outras extensións
• Presenza en internet:
• Beneficios
• ¿Como o logramos?
• SEO 
• Posicionamento interno
• Posicionamento externo
• Penalización en motores de procura

Relator: o obradoiro será impartido por Alberto Falcón, Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad do País Vasco e Máster en Integración de Redes en contornas Internet, con mais de 12 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web. Especialista en Marketing Online