Eventos

Buscador

    a
	Dise que “no hai unha segunda oportunidade de causar unha boa primeira impresión”. As fotos dun inmoble, local comercial ,casa rural, establecemento hoteleiro, especialmente a foto principal ou de cabeceira debe provocar unha acción nos observadores: querer seguir navegando pola túa web; interesarse por coñecer valoracións doutras persoas; contactar, visitar ou no mellor dos casos, realizar a reserva. Fotos mal iluminadas, desenfocadas, movidas, pobres en detalles, causarían que ese potencial cliente abandonase a túa paxina e buscase outra.
Un estudo realizado por www.trulia.com (portal inmobiliario mellor valorado dos Estados Unidos ) comprobou que os inmobles con mais de 6 imaxes logran mellores resultados nas procuras. Non obstante moitas persoas deixan de chamar a Casa Rural ou Inmobiliaria se as fotos non lle atraen.
O obxectivo deste taller e que aprendas como mellorar as túas fotos, como aproveitar a luz natural e artificial que baña a escena, cales son os puntos de vista en altura e posición que diferencian unha imaxe doutra, como elaborar una presentación de fotos e vídeos para subila a túa paxina de YouTube.
Contido:
•	Que é la fotografía de interiores?
•	Tipos de cámaras. Pódese fotografar desde o móbil?
•	Preparar os espazo antes de disparar. Que é o Home Staging?
•	Como é a luz que baña unha escena? Aprende a mirar un espazo.
•	Postproducción: as imaxes deben pasar polo “quirófano”
•	Pautas para gravar un vídeo. Estilos e tipos de vídeos. Planos, ángulos e movementos de cámara.
•	Aplicacións ou Softwares máis usados para preparar presentacións con fotografías e vídeos. 


Ponente: Nirioxis Rodríguez é Técnica Superior en fotografía pola Escola de Arte e Deseño Maestro Mateo, con máis de 6 anos de experiencia.