Eventos

Buscador

    a
Obxectivo:

Neste obradoiro trataremos de iniciar a autónomos, pequenos empresarios e emprendedores na análise dos resultados que obtemos nos nosos sitios web, unha ferramenta de negocio que nos axuda a entender o comportamento das persoas usuarias para que poidamos mellorar a súa experiencia. Desta forma seremos máis atractivos e obteremos máis visitas e de mellor calidade, o que nos axudará a obter máis e mellores vendas.

Contidos:
•	Introdución, metodoloxía e importancia da analítica web
•	Como funciona Google Analytics?
•	Creación dunha conta 
•	Creación e instalación do código de seguimento
•	Conceptos e métricas básicas
•	Informes estándar ¡Mans á obra!


Relator: José Luis Taboada. Inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Posiblemente cando precisas comprar algún produto ou contratar un servizo, páraste a mirar se están en Instagram, Facebook, Pinterest, entre outras, buscando recomendacións e comentarios doutros compradores, así como ofertas, descontos, etc. Marcas moi coñecidas teñen conseguido crearse unha identidade propia coas súas fotos destinadas a redes sociais, e outras mais pequenas ou menos coñecidas comezan a seguir unha estratexia entendendo que o esencial nas redes sociais e a imaxe creativa que logre captar a atención dos internautas. Neste taller proporcionarásete as ferramentas e ideas para que traballes as fotos do teu produto ou servizo para as redes sociais.
Contido:
1.- A fotografía para comercio electrónico versus a fotografía para redes sociais
2.- Humaniza os teus produtos ou servizos mediante imaxes sinxelas pero vistosas.
4.- Os rostros da túa empresa: A foto corporativa
5.- Como aumentar a conversión do teu negocio a través das fotos que se fan os teus clientes con teus produtos
6.- Práctica

Relator: Nirioxis Rodríguez Pérez é Técnica Superior en Fotografía Artística pola Escola de Arte Superior e Deseño Mestre Mateo, con máis de 6 anos de experiencia. Especialista en Fotografía de produtos; fotografía corporativa; fotografía de alimentos e fotografía de interiores.