Eventos
Eventos
Buscador
17/10/2016 19:00
OBXECTIVO Desde os últimos anos en España a venda online do sector textil e en xeral do sector moda (calzado, joyería/bisutería, accesorios) veu crecendo a un paso acelerado. Isto trouxo como consecuencia que o cliente está máis maduro, sabe cando e en que momento benefícialle realizar unha compra online no canto dunha compra tradicional no comercio offline. Aquí entra en xogo a fotografía e últimamente o vídeo do produto, sendo as ferramentas que temos ao alcance para poder ofrecer información visual aos clientes potenciais. Hai que concienciarse de que unha parte importante á hora de montar unha tenda online debe ser destinado á fotografía e/ou vídeo de produto, xa sexa en tempo e/ou investimento. Por iso neste taller práctico aprenderás as cuestións básicas da túa cámara para que poidas obter as fotos que ti queres e non as que ela faga por si soa. Coñecerás que tipo de iluminación podes usar para fotografar os produtos e como preparar a foto para subila a redes sociais ou a unha páxina web. CONTIDO • Introdución • Coñeces a túa cámara? Simulador virtual de cámara. • Equipo necesario: iluminación, fondo, e/ou cubo de luz. • Técnicas de fotografía no sector Moda. • Para a práctica tomar en conta o seguinte: o É indispensable o uso dunha cámara digital que teña o modo manual. Cada participante pode traer unha peza, xa sexa roupa (coa súa percha) ou calzado. Si alguén quere levar un maniquí tamén é aceptable. o En caso de non dispoñer de cámara digital pódese aceptar o uso do móbil, a condición de que a cámara deste sexa de máis de 10 megapíxeles. E haberse descargado a aplicación Camera Zoon FX (para Android) ou Camera (para iOS). o Edición e preparación da foto para subila a internet.
Obxectivo: Este obradoiro ten como obxectivo dar a coñecer diversas ferramentas de xestión e monitorización para as diferentes redes sociais nas que teña presenza a empresa. Estas ferramentas permiten a optimización de recursos e fan máis sinxela e eficiente a execución do plan de redes sociaisda empresa. Analizarase en profundidade a ferramenta Hootsuite, unha das más populares en la gestión unificada de varios perfiles de empresa, ademais de ferramentas específicas con particularidades para cada rede social. Contidos: • Introdución: Necesidade de ferramentas de xestión e as súas características • Ferramenta de xestión unificada: Hootsuite • Funcionalidades • Comeza a utilizar Hootsuite coas túas redes sociais Relator: o obradoiro será impartido por Alberto Falcón, Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad do País Vasco e Máster en Integración de Redes en contornas Internet, con mais de 12 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web. Especialista en Marketing Online. É asesor do SmartPeme Pontevedra
Rexistro
Calendario eventos
« | Outubro 2016 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
31 |
- Ciberseguridade, que é o malware22 de abril de 2024 10:30Máis información
- Programación con Arduino Módulo I - Parte II24 de abril de 2024 10:30Máis información
- Instagram para principiantes I26 de abril de 2024 12:00Máis información
- Ciberseguridade, o Phishing29 de abril de 2024 10:30Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento