Eventos

Buscador

    a
Obxectivo: 

Segundo datos do Foro de Economía Dixital, uns 12 millóns de internautas realizan compras por internet, mentres que 15 millóns de persoas usuarias continúan a se resistiren e só compran do xeito tradicional.
Segundo o Foro, os comercios electrónicos esperan pechar o ano 2015 cun incremento das súas vendas en torno ao 10 %. Este incremento reflicte o cambio que se está producindo nos hábitos de compra das persoas consumidoras.
Todo isto converte o comercio electrónico nunha canle de venda imprescindible para calquera autónomo ou micropeme da provincia.
Por iso, mediante o desenvolvemento deste obradoiro preténdese mostrarlles a autónomos e micropemes a evolución e tendencias do comercio electrónico, as ferramentas que existen e que están á súa disposición e os aspectos chave que deben ter en conta á hora de optar por unha ou outra solución.
Contidos:
•	Evolución e perspectivas do comercio electrónico en España
•	Tipos de plataformas de venda en liña
•	Como elixir a plataforma máis adecuada para o teu negocio

O obradoiro será impartido por Eliana Bouzas, Licenciada en publicidade e relacións públicas pola Uvigo e Master en Tecnoloxías da Información e desenvolvemento rexional pola USC, con máis de 6 anos de experiencia vinculada a proyectos de alfabetización e capacitación dixital.
Obxectivo:
Linkedin é unha das redes sociais mellor e máis valoradas por profesionais, autónomos e microempresas, pola súa facilidade para crear unha rede de contactos profesional. 
Orientada a reforzar e a ampliar as túas conexións profesionais e de negocios, Linkedin sitúase como unha das redes sociais principais que toda empresa debería manexar. Por iso, este taller ten como obxectivo coñecer a rede social, como funciona e como aprender a sacarlle o maior partido posible.

Contido:
1.	Introdución a LinkedIn
2.	Como funciona LinkedIn
3.	Optimización de perfil
4.	Xeración de rede de contactos
5.	Creación de páxina de empresas
6.	Recomendacións finais

Relator: o obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
Obxectivo:

Este obradoiro está deseñado para aqueles que buscan explorar unha nova forma de deseñar sen ter coñecementos no uso de ferramentas de deseño profesional, familiarizándonos coa terminoloxía de deseño e empregando unha novidosa ferramenta en liña para acadar imaxes abraiantes para as redes sociais ou calquera outro medio.

Contido: 
- Principios esenciais de deseño para crear composicións fermosas e eficaces
- Termos máis usados no deseño gráfico
- Aprende facilmente a elixir as fontes que fan fincapé na mensaxe.
- Construír relacións significativas de cor para crear gráficos visibelmente impresionantes.
- Utilizar ferramentas simples para compoñer e mellorar as súas imaxes para un maior impacto visual.
- Aprende a crear fondos fortes que axudarán a darlle brillo ós seus deseños.
- Aprender a utilizar formas e iconas versátiles para crear un estilo visual nos seus deseños.
- Mostrámoste como construír un kit de marca (imaxe corporativa)
- Uso da ferramenta de deseño en liña (canva.com)

O taller será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levanto mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.