Eventos

Buscador

    a
Obxectivo: 
Entender as relacións cos teus clientes é moi importante, especialmente no mundo dixital. O obxectivo principal neste obradoiro é aprender como dar a coñecer a túa mensaxe, produto ou servizo mediante o correo electrónico. Coñeceremos as vantaxes de utilizar unha ferramenta específica para iso, como mellorar o seu deseño, medir o impacto das túas diferentes campañas e o resultado destas.

Contidos:
•	Introdución ao E-mail Marketing
•	Como deseñar unha estratexia de E-mail Marketing
•	Deseño en E-mail Marketing
•	Ferramentas
•	Recomendacións para crear campañas perfectas

Relator: José Luis Taboada. Inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Obxectivos: 
Curso básico sobre conceptos de web, enfocado na importancia dunha páxina profesional e os seus beneficios como empresa e o seu correcto posicionamento en internet a través de técnicas gratuítas.

Contidos:
• Conceptos básicos
o Dominios, hosting…
o Para que podo utilizar un dominio
o .com vs. .es e outras extensións
• Presenza en internet:
o Beneficios
o ¿Como o logramos?
• SEO 
o Posicionamento interno
o Posicionamento externo
o Penalización en motores de procura

O taller será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levanto mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.