Eventos

Buscador

    a
Obxectivo: 
Neste obradoiro, dirixido a pemes e autónomos en xeral, explicarase de xeito práctico como crear anuncios segmentados na plataforma Facebook. Estes anuncios son vitais e forman parte da estratexia de mercadotecnia do seu negocio. Farase fincapé en cales deberían ser as estratexias das empresas das persoas asistentes. Recoméndase ter xa conta en Facebook para realizar as prácticas.

Contidos
– Que é Facebook Ads?
– Cales son as súas principais vantaxes?
– Tipos de anuncios en Facebook
– Estrutura das campañas de Facebook Ads
– Como configurar a mensaxe publicitaria segundo o tipo de anuncio
– Público: o poder dunha boa segmentación
– Optimización e prezos

Relator: o obradoiro será impartido por Alberto Falcón, Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad do País Vasco e Máster en Integración de Redes en contornas Internet, con mais de 12 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web. Especialista en Marketing Online. É asesor SmartPeme en Pontevedra