Eventos

Buscador

    a
Obxectivo: 
Aprender a realizar fotografías de mellor calidade visual para potenciar a visibilidade dos produtos nas redes sociais e no comercio en liña en xeral. Deste modo o teu escaparate virtual atraerá máis seguidores e clientes potenciais. 
A fotografía non ten que ser difícil. Tes unha tenda en liña? Un sitio web sobre arte ou artesanía? Tes unha páxina dun restaurante cun blog culinario? Este é un obradoiro básico dirixido a principiantes (non profesionais) que queren facer mellores fotos no seu propio local comercial, estudio, casa, etc.
Contidos:
•	Coñecer cal é o equipo necesario, tipos de cámaras, entre outras ferramentas e insumos que se poden adquirir para facer mellores fotos
•	Fotografía básica
•	Facer un estudio fotográfico de baixo custo
•	Escoller o mellor fondo
•	Cómo se deben preparar os produtos antes, durante e despois da sesión
•	Formas de fotografar roupa, calzado, gastronomía, entre outros produtos de interese (previa solicitude dos participantes)
•	Resolución de dúbidas ou inquietudes

Ponente: Nirioxis Rodríguez é Técnica Superior en fotografía pola Escola de Arte e Deseño Maestro Mateo, con máis de 6 anos de experiencia.
Obxectivos: 
Curso básico sobre conceptos de web, enfocado na importancia dunha páxina profesional e os seus beneficios como empresa e o seu correcto posicionamento en internet a través de técnicas gratuítas.

Contidos:
• Conceptos básicos
o Dominios, hosting…
o Para que podo utilizar un dominio
o .com vs. .es e outras extensións
• Presenza en internet:
o Beneficios
o ¿Como o logramos?
• SEO 
o Posicionamento interno
o Posicionamento externo
o Penalización en motores de procura

Relator: o obradoiro será impartido por Andrés Carrera, Inxeneiro Informático pola Universidade de Alcalá. Analista con máis de oito anos de experiencia no deseño, desenrolo e implementación de solucións software para empresas. Especialista en Aseguramento de Calidade do Software. É asesor TIC do punto SmartPeme de Vigo