Eventos
Eventos
Buscador
29/09/2016 19:00
Dise que “no hai unha segunda oportunidade de causar unha boa primeira impresión”. As fotos dun inmoble, local comercial ,casa rural, establecemento hoteleiro, especialmente a foto principal ou de cabeceira debe provocar unha acción nos observadores: querer seguir navegando pola túa web; interesarse por coñecer valoracións doutras persoas; contactar, visitar ou no mellor dos casos, realizar a reserva. Fotos mal iluminadas, desenfocadas, movidas, pobres en detalles, causarían que ese potencial cliente abandonase a túa paxina e buscase outra. Un estudo realizado por www.trulia.com (portal inmobiliario mellor valorado dos Estados Unidos ) comprobou que os inmobles con mais de 6 imaxes logran mellores resultados nas procuras. Non obstante moitas persoas deixan de chamar a Casa Rural ou Inmobiliaria se as fotos non lle atraen. O obxectivo deste taller e que aprendas como mellorar as túas fotos, como aproveitar a luz natural e artificial que baña a escena, cales son os puntos de vista en altura e posición que diferencian unha imaxe doutra, como elaborar una presentación de fotos e vídeos para subila a túa paxina de YouTube. Contido: • Que é la fotografía de interiores? • Tipos de cámaras. Pódese fotografar desde o móbil? • Preparar os espazo antes de disparar. Que é o Home Staging? • Como é a luz que baña unha escena? Aprende a mirar un espazo. • Postproducción: as imaxes deben pasar polo “quirófano” • Pautas para gravar un vídeo. Estilos e tipos de vídeos. Planos, ángulos e movementos de cámara. • Aplicacións ou Softwares máis usados para preparar presentacións con fotografías e vídeos. Ponente: Nirioxis Rodríguez é Técnica Superior en fotografía pola Escola de Arte e Deseño Maestro Mateo, con máis de 6 anos de experiencia.
29/09/2016 19:00
Obxectivo: Nesta liña de traballo, no SmartPeme propoñémoste un obradoiro dirixido a pemes e autónomos que queiran potenciar a rede social de Facebook para a consecución dos seus obxectivos, como a posta en marcha de promocións, o aumento de persoas seguidoras ou mesmo a creación dunha tenda en liña. No obradoiro aprenderás a alcanzar estes obxectivos a través destas aplicacións externas, que se integran perfectamente na rede social. Contidos: • Introdución • Crear novas aplicacións e pestanas en Facebook • Práctica: “Crear unha pequena tenda en liña en Facebook” • CoolTabs • EasyPromos • Trisocial • Tuapli Relator: o obradoiro será impartido por Andrés Carrera, Inxeneiro Informático pola Universidade de Alcalá. Analista con máis de oito anos de experiencia no deseño, desenrolo e implementación de solucións software para empresas. Especialista en Aseguramento de Calidade do Software. É asesor TIC do SmartPeme de Vigo.
Rexistro
Calendario eventos
« | Setembro 2016 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
- Ciberseguridade, ransomware e suplantación de Identidade06 de maio de 2024 10:30Máis información
- Instagram para principiantes II07 de maio de 2024 12:00Máis información
- Ciberseguridade, que son as cookies e como xestionalas08 de maio de 2024 10:30Máis información
- Ciberseguridade, uso da VPN13 de maio de 2024 10:30Máis información
- Márketing Dixital en TikTok14 de maio de 2024 12:00Máis información
- Programación con Arduino Módulo II - Parte I15 de maio de 2024 10:30Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento