Eventos
Eventos
Buscador
10/10/2017 19:00
Neste obradoiro trataranse de mostrar os pasos técnicos necesarios para dispor dun espazo web propio en internet que nos proporcione unha imaxe de empresa, marca ou produto coa que identificarnos e diferenciarnos. Será “a nosa casa” na rede, onde usuarios e clientes poderán atopar os nosos datos de contacto e información de interese sobre os produtos e servizos que ofrecemos. Índice de contidos • Diferenciemos o que é a web e o que é internet • A túa dirección web será a túa marca, escolle ben! • Non te enlees coas páxinas web, dedícate a crear os contidos • Teño un nome, sei quen son: ó choio! Exemplo de ferramenta coa que poder montar a túa web en 50 minutos • E, finalmente, como darnos a coñecer na rede O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
10/10/2017 19:00
Neste obradoiro aprenderemos a sacarlle moito máis partido á nosa conta de Google, xa que non só é unha conta de correo baixo o dominio gmail.com, senón que desde a versión web de Gmail se poden xestionar todas as contas de correo que queiramos, incluso as corporativas da nosa organización. Ademais, esta ferramenta pode ser a nosa base de datos de clientes, xa que dispón dunha axenda de contactos moi áxil e robusta. Todo isto está accesible a través da nube, desde calquera parte e en calquera momento. Índice de contidos • A miña conta de correo de Gmail • Gmail versión web como xestor de contas de correo electrónico Configuro para recibir e enviar correos desde as contas que queira • Xestiono os meus emails de empresa • Configuro as miñas firmas corporativas nos correos • Axenda de contactos que me facilita a comunicación con provedores e clientes • Configuración de contas en IOS e Android O obradoiro será impartido por Lorena Penas, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas e Máster en Comunicación polo Instituto de Medios Sociais de Santiago de Compostela, con máis de 3 anos de experiencia vinculada ao márketing dixital.
Este obradoiro ten por obxectivos expor as vantaxes dunha xestión eficaz do tempo de cara a mellora da produtividade laboral, así como dar a coñecer as ferramentas adecuadas para esa xestión do tempo e a organización do traballo. Índice de contidos • Trello • Que é? • Por que empregalo? • Comezando con Trello • Outros xestores de proxectos e tarefas • TOGGL: Contador de tempo O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
O obxectivo deste taller é dar a coñecer dúas ferramentas de Google, enfocadas a negocios locais que busquen unha maior visibilidade. Google My Business e Google Adwords Express están pensados para facilitar o aproveitamento, por parte dos pequenos comercios, das posibilidades da Geolocalización e as procuras que os seus potenciais clientes poidan facer, empregando o buscador de Google. Índice de contidos • Google My business o Que é? o Servizos que oferta o Como funciona? o Vantaxes • Google Adwords Express O obradoiro será impartido por Rafael Yáñez Dobarro, Técnico de Sistemas, especializado en redes e seguridade, con máis de 14 anos de experienciana implantación TIC nas empresas. Realízase en colaboración con AJE Pontevedra, impartíndose nas súas instalacións.
10/10/2017 19:00
Neste obradoiro daremos ideas de como podes crear o teu propio estilo e coñecerás cales son os elementos dunha ficha de produto que máis contribúen a aumentar a porcentaxe de conversión. Índice de contidos • A ficha de produto: elementos que contribúen a incrementar a porcentaxe de conversión. • Antes de facer as fotos aplica a espiga de peixe • Técnicas de fotografía no sector Moda • Probador virtual para o sector Fogar: colchóns • Electrónica: fotos de fabricantes vs distribuidores • Sector alimentación: o caso de Mercadona • Diferenciarse a través do fondo • Solucións aos problemas de escala • Conclusións O Obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.
Rexistro
Calendario eventos
« | Outubro 2017 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | 31 |
- Ciberseguridade, o Phishing29 de abril de 2024 10:30Máis información
- Ciberseguridade, ransomware e suplantación de Identidade06 de maio de 2024 10:30Máis información
- Instagram para principiantes II07 de maio de 2024 12:00Máis información
- Ciberseguridade, que son as cookies e como xestionalas08 de maio de 2024 10:30Máis información
- Ciberseguridade, uso da VPN13 de maio de 2024 10:30Máis información
- Márketing Dixital en TikTok14 de maio de 2024 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento