Eventos
Eventos
Buscador
20/05/2024 10:30
Obradoiro telemático a través de Zoom. Iniciamos unha nova serie de obradoiros de ciberseguridade para ir formándonos en aspectos fundamentais que debemos de ter en conta, o formato é de 30 min máximo e unha frecuencia semanal para favorecer unha aprendizaxe fácil e progresiva. “Ciberseguridade, como facer un contrasinal segura”, o obxectivo deste obradiro é facer ver ao usuario a importancia de ter un contrasinal ben definido e distinta para cada servizo, veremos tamén a forma de construír un contrasinal seguro. Índice de contido: - A importancia dos contrasinais. - Deseñar un contrasinal seguro. O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D e Técnico en Seguridade Informática para Empresas con máis de 8 anos de experiencia impartindo obradoiros de formación.
23/05/2024 10:30
Obradoiro telemático vía Zoom. O obxectivo do itinerario é iniciarse e adquirir unha certa fluidez cunha das linguaxes de programación máis populares na actualidade como é Arduino, o que farémolo desenvolvendo unha serie de obradoiros teóricos en liña e a realización de obradoiros prácticos para experimentar o aprendido desenvolvendo montaxes como; a programación dunha man mecatrónica, un brazo robótico ou un sistema hidropónico. O itinerario completo é de 24 horas de formación, 12 teóricas e 12 prácticas. Divídese en dous módulos: -Programación con Arduino Modulo I; Consta de 3 obradoiros, 2 deles teóricos en liña de 3 horas de duración cada un e 1 obradoiro práctico presencial de 4 horas de duración. Así, un total de 10 horas formativas. -Programación con Arduino Modulo II; Consta de 4 obradoiros, 2 deles teóricos en liña de 3 horas de duración cada un e 2 obradoiros prácticos presenciais de 4 horas de duración cada un. Así, un total de 14 horas formativas. Índice: Programación con Arduino Modulo II-Parte II (3 horas): -Hidroponía, que é, conceptos básicos. -Librería. -O noso sistema hidropónico. -Proposta de programación. O taller será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D e Técnico en Seguridade Informática para Empresas con máis de 8 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
27/05/2024 10:30
Obradoiro telemático a través de Zoom. Iniciamos unha nova serie de obradoiros de ciberseguridade para ir formándonos en aspectos fundamentais que debemos de ter en conta, o formato é de 30 min máximo e unha frecuencia semanal para favorecer unha aprendizaxe fácil e progresiva. “Ciberseguridade, Antivirus, actualización do software”, o obxectivo deste obradoiro é dar a coñecer dous das contramedidas básicas que debemos tomar, a necesidade de ter todo o software actualizado para corrixir vulnerabilidades, a utilización e elección dun antivirus, cal e por que. Índice de contido: - Actualización de software - Antivirus, cal e por que O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D e Técnico en Seguridade Informática para Empresas con máis de 8 anos de experiencia impartindo obradoiros de formación.
¿Esqueciches o contrasinal?
Calendario eventos
« | Maio 2024 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
- Ciberseguridade, como facer un contrasinal seguro20 de maio de 2024 10:30Máis información
- Programación con Arduino Módulo II - Parte II23 de maio de 2024 10:30Máis información
- Ciberseguridade, Antivirus e actualización do software27 de maio de 2024 10:30Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento