Sube á nube coa túa peme - Actualidade
Actualidade
Sube á nube coa túa peme
Data: martes, 31 de maio de 2016
Se es unha peme ou autónomo e estabas pensando en incorporar ao teu negocio algún tipo de solución na nube propoñémosche participar no programa de axudas "Sube á nube", cuxo prazo abriu o 18 de maio.
Neste programa, organizado por Red.es e cofinanciado pola Unión Europea, ofrécense axudas de entre 625 euros e 15.000 euros a pemes e autónomos para poñer en funcionamento as solucións na nube.
As persoas interesadas poderedes elixir entre múltiples solucións: desde paquetes de xestión do negocio a nivel contable, plataformas de desenvolvemento en liña ou postos de usuario, con múltiples paquetes de software, ata a simple infraestrutura na nube como servizo, co cal vos poderedes adaptar ás diferentes necesidades do mercado.
A posta en funcionamento desta clase de solucións na nube permite aforros importantes de custos e, asemade, mellora a utilidade con vantaxes coma o acceso remoto e a sincronización continua, co que se incrementa tamén a seguridade da operativa.
O prazo para participar seguirá aberto ata o próximo día 8 de xuño. Para poder solicitar a axuda cómpre ser un autónomo ou unha empresa cuxa actividade sexa anterior á apertura da convocatoria; tanto no primeiro caso coma no segundo, o volume de negocio ha de ser inferior a 50 millóns de euros e o número de empregados ha de ser menor de 250.
Se che interesa obter máis información destas e outras axudas podes consultar o apartado ao respecto na web do CPAE 2.0 facendo clic aquí.
CPAE 2.0
Fonte: CPAE
Rexistro
« | Maio 2024 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
- Ciberseguridade, como facer un contrasinal seguro20 de maio de 2024 10:30Máis información
- Programación con Arduino Módulo II - Parte II23 de maio de 2024 10:30Máis información
- Ciberseguridade, Antivirus e actualización do software27 de maio de 2024 10:30Máis información