Vigo - Promove o teu perfil en Facebook con aplicacións externas

Data Inicio:  29/09/2016 19:00    
Data Fin:  29/09/2016 19:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Vigo 
 
Tipo de Evento:  Taller  Temática:  Publicidade, marketing on line e redes sociais
 
     
 
Obxectivo:
Nesta liña de traballo, no SmartPeme propoñémoste un obradoiro dirixido a pemes e autónomos que queiran potenciar a rede social de Facebook para a consecución dos seus obxectivos, como a posta en marcha de promocións, o aumento de persoas seguidoras ou mesmo a creación dunha tenda en liña.
No obradoiro aprenderás a alcanzar estes obxectivos a través destas aplicacións externas, que se integran perfectamente na rede social.

Contidos:
•	Introdución
•	Crear novas aplicacións e pestanas en Facebook
•	Práctica: “Crear unha pequena tenda en liña en Facebook”
•	CoolTabs
•	EasyPromos
•	Trisocial
•	Tuapli

Relator: o obradoiro será impartido por Andrés Carrera, Inxeneiro Informático pola Universidade de Alcalá. Analista con máis de oito anos de experiencia no deseño, desenrolo e implementación de solucións software para empresas. Especialista en Aseguramento de Calidade do Software. É asesor TIC do SmartPeme de Vigo.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse