Servizos

INFORMACIÓN, ANÁLISE E ASESORAMENTO

Realizamos un diagnóstico inicial do grao de madurez tecnolóxica das empresas e asesoramos sobre as posibilidades que ofrecen as TIC

 

DEMOSTRACIÓN DE PRODUTOS E SOLUCIÓNS

A través de xornadas e das sesións individuais presentamos, de forma obxectiva e neutral, os produtos e as solucións TIC que permitan cubrir as necesidades detectadas nos asesoramentos levados a cabo

 

TITORIZACIÓN NAS NOVAS TECNOLOXÍAS     

Con toda a información recollida proporcionamos un plan de mellora personalizado e acompañamos a cada autónomo e micropeme facendo o seguimento da súa implantación

 

CAPACITACIÓN E TECNOLOXÍA                         

Nos puntos SmartPeme organizamos actividades de capacitación tecnolóxica con grupos reducidos. Estas actividades desenvolveranse a nivel práctico para que os autónomos e micropemes da provincia de Pontevedra adquiran as competencias TIC adecuadas á súa actividade empresarial

 

ACOMPAÑAMENTO NO COMERCIO ELECTRÓNICO

Fomentamos o uso do comercio electrónico . tanto axudando a seleccionar os marketplaces máis indicados para cada asesorado, como a creación de plataformas de venta propias, seguindo todo o proceso de implantación para asegurarnos do seu éxito

 

AXUDAS E SUBVENCIÓNS             

Informamos e axudamos a levar a cabo a tramitación das axudas ou subvencións procedentes das diferentes administracións e entidades. O obxectivo é minimizar o impacto económico que puidese ocasionar algunha das solucións e ferramentas suxeridas nos asesoramentos TIC realizados