Que é SmartPeme?

A iniciativa SmartPeme consiste nunha rede de puntos nas diferentes comarcas da provincia de Pontevedra, atendidos por asesores cualificados en materia TIC, onde se prestará un servizo de información e asesoramento, presencial e personalizado sobre as TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación) e as Novas Tecnoloxías

A quen vai dirixido

Os destinatarios dos servizos do SmartPeme son os autónomos e micropemes (priorizando naquelas que ocupan a cinco ou menos traballadores cun volume de negocios anual inferior a 2 millóns de euros) da provincia de Pontevedra.
 
Este colectivo engloba a máis de 64.000 pequenas empresas e constitúe máis do 92% do tecido empresarial da provincia
.

MAPA DE PUNTOS SmartPeme

Cales son os obxectivos

A rede SmartPeme está concibida para acadar os seguintes obxectivos:
 
  • Potenciar o desenvolvemento económico da provincia a través das TIC
  • Aumentar a produtividade e competitividade das pequenas empresas a través do uso máis eficiente das Novas Tecnoloxías e fomentar o uso das TIC
  • Introducir a innovación dos procesos produtivos, nos produtos e nos servizos nas pequenas empresas
  • Facilitar a implantación do comercio electrónico entre os autónomos e as micropemes 
  • Ponteciar aos axentes clave da provincia de cara ao tecido empresarial

A rede de puntos SmartPeme está composta por seis centros, distribuídos estratexicamente por todala provincia de Pontevedra, para achegar os servizos do SmartPeme á porta dos negocios dos autónomos e micropemes. Cada punto SmartPeme conta cun equipo de dous asesores TIC altamente cualificados e coñecedores do tecido empresarial das diferentes comarcas:
  a) Punto SmartPeme coordinador:
Coordina, deseña, controla e segue as actuacións de toda a rede
  b) Distribución dos puntos SmartPeme na provincia para:
• Comarcas de Pontevedra e O Morrazo
• Comarcas de O Salnés e Caldas 
• Comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes
• Comarcas O Condado e A Paradanta
• Comarcas de Vigo e O Baixo Miño

Nos puntos SmartPeme daremos resposta a dúbidas como:
  • Como podo aforrar nos gastos de comunicación?
  • Que é preciso para conectarme a internet?
  • É seguro operar coa banca online?
  • Que utilidade ten a sinatura electrónica?
  • Que me proporciona e que vantaxes ten o comercio electrónico?
  • Podo xestionar eu mesmo as redes sociais da miña empresa?
  • Cales son as ferramentas informáticas de xestión?
  • Como podo emitir facturas electrónicas?
  • Que subvencións e axudas teño para incorporar as TIC á miña pequena empresa?
  • Como aplico as Novas Tecnoloxías ó meu negocio?