Eventos

Buscador

    a
Este obradoiro está deseñado para aqueles que buscan explorar unha nova forma de deseñar sen ter coñecementos no uso de ferramentas de deseño profesional, familiarizándonos coa terminoloxía de deseño e empregando unha novidosa ferramenta en liña para acadar imaxes abraiantes para as redes sociais ou calquera outro medio.	

Índice de contidos

• Principios esenciais de deseño para crear composicións fermosas e eficaces
• Termos máis usados no deseño gráfico
• Aprende facilmente a elixir as fontes que fan fincapé na mensaxe.
• Construír relacións significativas de cor para crear gráficos visibelmente impresionantes.
• Utilizar ferramentas simples para compoñer e mellorar as súas imaxes para un maior impacto visual.
• Aprende a crear fondos fortes que axudarán a darlle brillo ós seus deseños.
• Aprender a utilizar formas e iconas versátiles para crear un estilo visual nos seus deseños.
• Mostrámoste como construír un kit de marca (imaxe corporativa)
• Uso da ferramenta de deseño en liña (canva.com)

O obradoiro será impartido por Lorena Penas, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas e Máster en Comunicación polo Instituto de Medios Sociais de Santiago de Compostela, con máis de 3 anos de experiencia vinculada ao márketing dixital.
Este obradoiro, dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar e facilitar ferramentas e solucións TIC coas que promover a empresa como imaxe de marca, así como os seus produtos ou servizos. Valoraremos ferramentas que lles facilitan ós seus clientes actuais e futuros un acceso rápido á información sobre a nosa empresa, os seus produtos, servizos, promocións e novidades, permitindo o engagement coa nosa marca e as conversións. 

Índice de contidos

• Introdución: mercadotecnia dixital
• Mercadotecnia sectorial
• Mercadotecnia viral
• E-mail marketing
• Publicidade

O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.
Neste obradoiro trataranse de mostrar os pasos técnicos necesarios para dispor dun espazo web propio en internet que nos proporcione unha imaxe de empresa, marca ou produto coa que identificarnos e diferenciarnos. Será “a nosa casa” na rede, onde usuarios e clientes poderán atopar os nosos datos de contacto e información de interese sobre os produtos e servizos que ofrecemos.

Índice de contidos

• Diferenciemos o que é a web e o que é internet
• A túa dirección web será a túa marca, escolle ben!
• Non te enlees coas páxinas web, dedícate a crear os contidos
• Teño un nome, sei quen son: ó choio! Exemplo de ferramenta coa que poder montar a túa web en 50 minutos
• E, finalmente, como darnos a coñecer na rede

O Obradoiro será impartido por Rafael Yáñez Dobarro, Técnico de Sistemas, especializado en redes e seguridade, con mais de 14 anos de experiencia na implantación TIC nas empresas.