Eventos

Buscador

    a
Este obradoiro está dirixido a empresarios e empresarias de pequenas e medianas empresas, persoas emprendedoras e autónomos, que desexen aprender a empregar as ferramentas necesarias para crear o seu primeiro sitio web e profundar no mundo do deseño, desenvolvemento e xestión dunha web co CMS Wordpress.

Índice de contidos

• Instalación de WordPress.
• Administración da web.
• Configuración básica.
• Manexo dos temas.
• Engadir entradas ó blog.
• Engadir páxinas á web.
• Xestión de menús.
• Xestión de plugins.
• Xestión de widgets.
• Xestionar comentarios.

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
O obradoiro está orientado a axudar as empresas e autónomos a coñecer os recursos e as ferramentas informáticas máis comúns para a mellora da xestión e funcionamento do seu negocio.

Índice de contidos

• Introdución
• Ofimática: procesador de textos, follas de cálculo, etc.
• Backup e seguridade: antivirus e copias de seguridade
• Comunicación: correo electrónico e mensaxería móbil
• Oficina remota

O obradoiro será impartido por Lorena Penas, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas e Máster en Comunicación polo Instituto de Medios Sociais de Santiago de Compostela, con máis de 3 anos de experiencia vinculada ao márketing dixital.
O obxectivo deste taller e proporcionar os autónomos, emprendedores e pequenas empresas guías e solucións para que poidan mellorar significativamente a seguridade dos seus equipos informáticos, así como un uso adecuado dos mesmos.

Índice de contidos

• Principios da seguridade informática: confidencialidade, integridade e dispoñibilidade.
• Protección de: usuarios, equipos e datos.
• Copias de seguridade: estratexias e planificación.
• Boas prácticas e consellos
• Caixa de ferramientas I.

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce