Eventos

Buscador

    a
"Este obradoiro está deseñado para aqueles que buscan explorar unha nova forma de deseñar sen ter coñecementos no uso de ferramentas de deseño profesional, familiarizándonos coa terminoloxía de deseño e empregando unha novidosa ferramenta en liña para acadar imaxes abraiantes para as redes sociais ou calquera outro medio.


Índice de contidos
• Principios esenciais de deseño para crear composicións fermosas e eficaces
• Termos máis usados no deseño gráfico
• Aprende facilmente a elixir as fontes que fan fincapé na mensaxe.
• Construír relacións significativas de cor para crear gráficos visibelmente impresionantes.
• Utilizar ferramentas simples para compoñer e mellorar as súas imaxes para un maior impacto visual.
• Aprende a crear fondos fortes que axudarán a darlle brillo ós seus deseños.
• Aprender a utilizar formas e iconas versátiles para crear un estilo visual nos seus deseños.
• Mostrámoste como construír un kit de marca (imaxe corporativa)
• Uso da ferramenta de deseño en liña (canva.com)

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos."
"Con este obradoiro preténdese informar as empresas da importancia que ten hoxe en día o comercio electrónico e darlles a coñecer as vantaxes que ofrece esta ferramenta. Traballarase o deseño e a estratexia que deberá ter a nosa tenda en liña para xerar bos resultados.


Índice de contidos
1º  Que é o comercio electrónico?
2º Vantaxes da venda en liña
4º  Elementos básicos da nosa tenda
5º  Plataforma Prestashop e Wordpress para o deseño da nosa tenda:
• Personalizando a nosa tenda
• O catálogo de produtos
• Rexistro e área de usuario
• Carriño da compra

O obradoiro será impartido por Andrés Carrera, Inxeneiro Informático pola Universidade de Alcalá. Analista con máis de oito anos de experiencia no deseño, desenrolo e implementación de solucións software para empresas. Especialista en Aseguramento de Calidade do Software."