Actualidade

A Deputación de Pontevedra e a Fundación EOI puxeron en marcha o proxecto “Proponte”

Data:  martes, 24 de febreiro de 2015

O proxecto "Proponte" é unha iniciativa promovida polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través da Escola de Organización Industrial (EOI), e pola Deputación de Pontevedra. Está cofinanciada con fondos FEDER e ten como obxectivo facilitar a aceleración de empresas da provincia de Pontevedra por medio de servizos de consultoría e asesoramento.

Con esta convocatoria búscase promover a participación no programa "Impulso innovador nas pemes de recente creación da provincia de Pontevedra", destinado a pemes de recente creación que establecesen o centro da súa actividade ou algún centro de traballo na provincia de Pontevedra.

Entre os servizos de consultoría para estas pemes da provincia de Pontevedra están:

·         A realización dunha diagnose da situación actual

·         A definición dun plan estratéxico para mellorar a súa competitividade

·         O establecemento dun plan de acción para desenvolver o plan estratéxico

·         O acompañamento á implantación da innovación definida

Desde os puntos CPAE preténdese facilitar o acceso á participación neste proxecto ós seus beneficiarios. Por este motivo, organizaranse sesións de difusión en cada un destes centros:

  • Punto CPAE 2.0 de Pontevedra:  24 de febreiro ás 13:00 h
  • Punto CPAE 2.0 de Vigo:                               24 de febreiro ás 19:00 h
  • Punto CPAE 2.0 de Cambados:                   25 de febreiro ás 13:00 h
  • Punto CPAE 2.0 de Lalín:                25 de febreiro ás 19:00 h
  • Punto CPAE 2.0 de Ponteareas:    26 de febreiro ás 13:00 h
  • Punto CPAE 2.0 do Porriño:                         26 de febreiro ás 19:00 h

Para solicitar información relacionada con esta convocatoria ou inscribirse poden dirixirse á páxina web do proxecto http://www.eoi.es/fdi/proponte ou contactar a través do correo electrónico proponte@eoi.es

Fonte:  Diputación de Pontevedra