Eventos
Eventos
Buscador
03/07/2017 19:00
Entender as relacións cos teus clientes é moi importante, especialmente no mundo dixital. O obxectivo principal neste obradoiro é aprender como dar a coñecer a túa mensaxe, produto ou servizo mediante o correo electrónico. Coñeceremos as vantaxes de utilizar unha ferramenta específica para iso, como mellorar o seu deseño, medir o impacto das túas diferentes campañas e o resultado destas. Índice de contidos • Introdución ao E-mail Marketing • Como deseñar unha estratexia de E-mail Marketing • Deseño en E-mail Marketing • Ferramentas • Recomendacións para crear campañas perfectas O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
Obradoiro pensado para aprender a realizar fotografías de mellor calidade visual para potenciar a visibilidade dos produtos nas redes sociais e no comercio en liña en xeral. Deste modo o teu escaparate virtual atraerá máis seguidores e clientes potenciais. A fotografía non ten que ser difícil. Tes unha tenda en liña? Un sitio web sobre arte ou artesanía? Tes unha páxina dun restaurante cun blog culinario? Este é un obradoiro básico dirixido a principiantes (non profesionais) que queren facer mellores fotos no seu propio local comercial, estudio, casa, etc. Índice de contidos - Coñecer cal é o equipo necesario, tipos de cámaras, entre outras ferramentas e insumos que se poden adquirir para facer mellores fotos - Fotografía básica - Facer un estudio fotográfico de baixo custo - Escoller o mellor fondo - Cómo se deben preparar os produtos antes, durante e despois da sesión - Formas de fotografar roupa, calzado, gastronomía, entre outros produtos de interese (previa solicitude dos participantes) - Resolución de dúbidas ou inquietudes O Obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.
04/07/2017 19:00
Con este obradoiro preténdese informar as empresas da importancia que ten hoxe en día o comercio electrónico e darlles a coñecer as vantaxes que ofrece esta ferramenta. Traballarase o deseño e a estratexia que deberá ter a nosa tenda en liña para xerar bos resultados. Índice de contidos • Que é o comercio electrónico? • Vantaxes da venda en liña • Elementos básicos da nosa tenda • Plataforma Prestashop e Wordpress para o deseño da nosa tenda: • Personalizando a nosa tenda • O catálogo de produtos • Rexistro e área de usuario • Carriño da compra O obradoiro será impartido por Rafael Yáñez Dobarro, Técnico de Sistemas, especializado en redes e seguridade, con máis de 14 anos de experiencia na implantación TIC nas empresas.
05/07/2017 19:00
Con 11 millóns de usuarios en España, Twitter en unha gran ferramenta para ampliar a túa rede de contactos e chegar aos teus clientes potenciais, creando una conversa arredor dos teus produtos e servizos, do mesmo modo que o fan as grandes empresas. Neste taller descubriras esta rede social e poderás ter unha visión certeira de se e unha ferramenta adecuada para o teu negocio e como che pode axudar a atraer o teu publico obxectivo. Índice de contidos - Qué e Twitter y cales son as súas utilidades - Creación y configuración da túa conta - Primeiros pasos - Glosario de termos - Estratexia en Twitter para o teu negocio - Twitter Analytics - Casos de éxito O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
05/07/2017 19:00
O obradoiro está orientado a axudar as empresas e autónomos a coñecer os recursos e as ferramentas informáticas máis comúns para a mellora da xestión e funcionamento do seu negocio. Índice de contidos • Introdución • Ofimática: procesador de textos, follas de cálculo, etc. • Backup e seguridade: antivirus e copias de seguridade • Comunicación: correo electrónico e mensaxería móbil • Oficina remota O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.
05/07/2017 19:00
O obradoiro está orientado a axudar as empresas e autónomos a coñecer os recursos e as ferramentas informáticas máis comúns para a mellora da xestión e funcionamento do seu negocio. Índice de contidos • Introdución • Ofimática: procesador de textos, follas de cálculo, etc. • Backup e seguridade: antivirus e copias de seguridade • Comunicación: correo electrónico e mensaxería móbil • Oficina remota O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce
Este obradoiro ten como obxectivo axudar a empresa nas procuras en Google para aforrar tempo e esforzo. Hoxe en día millóns de persoas utilizan este buscador, pero a maior parte dos usuarios non o usan de forma eficiente, pois existen varios comandos (uns coñecidos e outros non tanto) que nos permiten realizar unha busca máis exacta. O que se trata con esta actividade é facilitar á empresa o uso desta ferramenta e facer máis eficientes as súas procuras. Índice de contidos • Introdución: que é google? Como funciona? Que é a nube? • Uso eficiente de google • Google Apps: que é?, versións, produtos e utilidades • Obradoiro práctico O obradoiro será impartido por Rafael Yáñez Dobarro, Técnico de Sistemas, especializado en redes e seguridade, con máis de 14 anos de experiencia na implantación TIC nas empresas.
Neste taller veremos como integrar o vídeo na túa estratexia de marketing online, recomendacións para realizar vídeos que provoquen engagement entre a túa audiencia e cales son as redes sociais (YouTube, Periscope, Facebook...) que che facilitaran a tarefa de difundilos. Índice de contidos • Vídeo marketing y razóns polas que incluílo na túa estratexia • Youtube • Periscope • Vídeo noutras redes sociais: Facebook, etc. • Aspectos técnicos e estéticos para a realización de vídeos O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.
11/07/2017 19:00
Este obradoiro ten como obxectivo amosar como crear e xestionar unha páxina profesional en Facebook desde cero. Dirixido a profesionais que non dispoñen de fan page e/ou que empregan un perfil persoal en vez dunha páxina de empresa. Índice de contidos • Que é Facebook? • Como facer un uso profesional de Facebook • Perfil, grupos e páxinas de Facebook. Diferenzas e utilidades • Crear unha páxina en Facebook • Configuración e xestión da nosa páxina • Crear público, crear publicacións, crear fitos e ofertas e crear eventos. • Ferramentas de publicación e estatísticas O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce
12/07/2017 19:00
O obxectivo deste obradoiro é dar a coñecer ferramentas de retoque como o editor de fotografía Pixlr, gratuíto, que non necesita descargarse e que é de manexo básico e fácil. Subministraranse fotos para converter o fondo a branco puro, borrar imperfeccións ou redimensionalas ao tamaño requirido por Amazon, entre outras ferramentas de edición Índice de contidos - Coñecer as recomendacións xerais para mellorar as fotos. - Requisitos de calidade estética e técnica das imaxes que esixen Amazon, Ebay, Googleshopping e Etsy. - Introducirnos no editor de fotografía Pixlr, para coñecer como: - Limpar manchas ou impurezas do produto - Suprimir ou borrar elementos da imaxe - Modificar contraste e brillo - Intensificar as cores - Seleccionar fondo - Branquear o fondo - Redimensionar a imaxe - Gardar O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Rexistro
Calendario eventos
« | Xullo 2017 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
31 |
- Instagram para principiantes I26 de abril de 2024 12:00Máis información
- Ciberseguridade, o Phishing29 de abril de 2024 10:30Máis información
- Ciberseguridade, ransomware e suplantación de Identidade06 de maio de 2024 10:30Máis información
- Instagram para principiantes II07 de maio de 2024 12:00Máis información
- Ciberseguridade, que son as cookies e como xestionalas08 de maio de 2024 10:30Máis información
- Ciberseguridade, uso da VPN13 de maio de 2024 10:30Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento