Eventos

Buscador

    a
Este obradoiro ten como principal obxectivo orientas a pymes e autónomos na adopción das súas primeiras ferramentas para a xestión dos procesos de facturación, relación con provedores e procesos da empresa. Durante o obradoiro, explicarase en que consiste cada unha de estas ferramentas, e falarase de varias posibilidades gratuítas para autónomos e micropemes.

Índice de contidos

• Necesidades de autónomos e micropemes
• Definicións
• Ferramentas gratuítas
• Caso practico

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
O taller está dirixido a todos aqueles empresarios e empresarias que xestionan a súa actividade cunha folla de cálculo. Neste taller aprenderán formas sinxelas de relacionar a información das operacións diarias cos stock de mercadoría, mediante un exemplo práctico que tan só usa 9 fórmulas. Ademais poderás interpretar a marcha do teu negocio utilizando táboas e gráficos dinámicos.
O taller está concibido para nivel inicial e intermedio.

Índice de contidos

A importancia da xestión das operacións
Uso de persoais en follas de cálculo
Deconstrución do noso exemplo
Análise dos resultados
Plataformas de follas de cálculo alternativas

O Obradoiro será impartido por Rafael Yáñez Dobarro, Técnico de Sistemas, especializado en redes e seguridade, con mais de 14 anos de experiencia na implantación TIC nas empresas.

Calendario eventos

« Setembro 2017 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30