Eventos

Buscador

    a
O obxectivo deste taller e proporcionar a autónomos emprendedores e pequenas empresas guías e solucións para que poidan mellorar significativamente a seguridade dos seus equipos informáticos dándolles un uso adecuado.
O taller esta orientado a empleados de pequenas empresas, emprendedores e autónomos con coñecementos básicos de informática, coa intención de fomentar unha cultura de Seguridade Informática adecuada.

Índice de contidos

1º Seguridade informática
• Principios da seguridade informática: confidencialidade, integridade e dispoñibilidade
• Protección de usuarios equipos e datos
• Copias de seguridade: estratexias e planificación
• Boas practicas e consellos
• Caixa de ferramentas

2º Seguridade na rede
• Que é un hacker? Tipos de hackers que debes coñecer
• Perigos na rede: Tipos de malware infeccioso, malware oculto e malware para obter beneficio
• Correos electrónicos: problemáticas e perigos
• Boas practicas e consellos
• Caixa de ferramentas

3º Seguridade nas comunicacións
• Identidades na rede
• Autenticación, claves e contrasinais
• Perigos nas comunicacións: redes sociais, chats, cámara web, fotografías
• Boas practicas e consellos
• Caixa de ferramentas

O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.