Eventos

Buscador

    a
"Este obradoiro ten como obxectivo expoñer as vantaxes dunha eficiente xestión do tempo para mellorar a produtividade laboral, así como poñer a disposición dos asistentes as ferramentas adecuadas para esa xestión do tempo e a organización do traballo.

Índice de contidos
1º. Trello
•Que é?
• Por que utilizalo?
• Comezado con Trello
2º. Outros xestores de proxectos e tarefas                                       
3º. TOGGL: Contador de tempo

O Obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web."
"Curso básico sobre conceptos de web, enfocado na importancia dunha páxina profesional e os seus beneficios como empresa e o seu correcto posicionamento en internet a través de técnicas gratuítas.

Índice de contidos
• Conceptos básicos
• Dominios, hosting…
• Para que podo utilizar un dominio 
• .com vs. .es e outras extensións
• Presenza en internet:
• Beneficios
• ¿Como o logramos?
• SEO 
• Posicionamento interno
• Posicionamento externo
• Penalización en motores de procura

O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores."