Eventos

Buscador

    a
Neste obradoiro trataremos de iniciar a autónomos, pequenos empresarios e emprendedores na análise dos resultados que obtemos nos nosos sitios web.
A analítica web é unha ferramenta de negocio que nos axuda a entender o comportamento das persoas usuarias para que poidamos mellorar a súa experiencia. Desta forma seremos máis atractivos e obteremos máis visitas e de mellor calidade, o que nos axudará a obter máis e mellores vendas.

Índice de contidos

• Introdución, metodoloxía e importancia da analítica web
• Como funciona Google Analytics?
• Creación dunha conta 
• Creación e instalación do código de seguimento
• Conceptos e métricas básicas
• Informes estándar ¡Mans á obra!

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Con este obradoiro preténdese informar as empresas da importancia que ten hoxe en día o comercio electrónico e darlles a coñecer as vantaxes que ofrece esta ferramenta. Traballarase o deseño e a estratexia que deberá ter a nosa tenda en liña para xerar bos resultados.

Índice de contidos

1º  Que é o comercio electrónico?
2º Vantaxes da venda en liña
4º  Elementos básicos da nosa tenda
5º  Plataforma Prestashop e Wordpress para o deseño da nosa tenda:
• Personalizando a nosa tenda
• O catálogo de produtos
• Rexistro e área de usuario
• Carriño da compra

O obradoiro será impartido por Lorena Penas, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas e Máster en Comunicación polo Instituto de Medios Sociais de Santiago de Compostela, con máis de 3 anos de experiencia vinculada ao márketing dixital.
Este obradoiro está dirixido a empresarios e empresarias de pequenas e medianas empresas, persoas emprendedoras e autónomos, que desexen aprender a empregar as ferramentas necesarias para crear o seu primeiro sitio web e profundar no mundo do deseño, desenvolvemento e xestión dunha web co CMS Wordpress.

Índice de contidos

• Instalación de WordPress.
• Administración da web.
• Configuración básica.
• Manexo dos temas.
• Engadir entradas ó blog.
• Engadir páxinas á web.
• Xestión de menús.
• Xestión de plugins.
• Xestión de widgets.
• Xestionar comentarios.

O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.
Neste obradoiro explicarase que é e para que serve un logotipo. Recorreranse as características que debe ter un bo deseño e axustaremos as formas, tipografías e cores segundo o que queremos comunicar da nosa empresa. Aplicarase todo de forma práctica en Canva, onde todos crearán un deseño de logo real. Para isto é necesario ter unha conta creada en www.canva.com , ferramenta online e gratuíta de deseño.

Índice de contidos

• Que é, que importancia ten e que representa un logo.
• Características principais que debe ter.
• Analizar antes de deseñar.
• Que tipografías y cores escoller.
• Práctica, deseño de logotipo con canva.
• Consellos finais.

O Obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.