Pontevedra - Woocommerce: A solución que buscabas para vender por internet

Data Inicio:  29/06/2017 19:00    
Data Fin:  29/06/2017 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Pontevedra 
 
Tipo de Evento:  Taller  Temática:  Comercio electrónico (B2B e B2C)
 
Tipo de Solución:  Comercio Electrónico
 
   
 
Taller dirixido a todos aqueles empresarios e empresarias que queiran xestionar a súa propia tenda online dunha maneira sinxela á vez que potente.
Neste taller aprenderemos os conceptos básicos a ter en conta na instalación, configuración e xestión dun ecommerce con Woocomerce. Trataranse aspectos como a configuración dos distintos tipos de produtos, métodos de envío e formas de pago entre outros temas.

Contidos:

-	Woocommerce vs outros xestores de tenda online
-	Instalación e configuración básica
-	Xestión de produtos
-	Métodos de envío e de pago
-	Xestión de pedidos e clientes
-	Addons para woocommerce


O taller será impartido por Jaime Barreiro, Xerente de Cactus Dixital con máis de 15 anos de experiencia en formación TIC, e especializado en márketing dixital & deseño web
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse