O Porriño - A túa información sempre a mán: almacenamento na nube

Data Inicio:  23/03/2017 19:00    
Data Fin:  23/03/2017 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme O Porriño 
 
Tipo de Evento:  Taller  Temática:  Xestión de coñecemento, teletraballo e entornos colaborativos
 
Tipo de Solución:  Infraestruturas e Comunicacións
 
   
 
"Neste obradoiro búscase orientar as empresas e autónomos cara a unha mellora dos seus sistemas de almacenaxe actuais a través dos novos servizos ofrecidos na internet, xa que o uso desta ferramenta permítelle á empresa reducir os seus custos e garantir un mellor tempo de actividade dos servizos mencionados.

• A nube: concepto e analoxías
• Por que almacenar na nube?
• Vantaxes e desvantaxes
• Dropbox
• Box
• Onedrive
• Vinculación de conta
• Google Drive

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web."
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse