Pontevedra - Linkedin: a túa rede de networking

Data Inicio:  14/03/2017 19:00    
Data Fin:  14/03/2017 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Pontevedra 
 
Tipo de Evento:  Taller  Temática:  Publicidade, marketing on line e redes sociais
 
Tipo de Solución:  Portais e Xestión de Contidos (ECM/CMS)
 
   
 
"Linkedin é unha das redes sociais mellor e máis valoradas por profesionais, autónomos e microempresas, pola súa facilidade para crear unha rede de contactos profesional. 
Orientada a reforzar e a ampliar as túas conexións profesionais e de negocios, Linkedin sitúase como unha das redes sociais principais que toda empresa debería manexar. Por iso, este taller ten como obxectivo coñecer a rede social, como funciona e como aprender a sacarlle o maior partido posible.


•  Introdución a LinkedIn
•  Como funciona LinkedIn
•  Optimización de perfil
•  Xeración de rede de contactos
•  Creación de páxina de empresas
•  Recomendacións finais

O obradoiro será impartido por Alberto Falcón, Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad do País Vasco e Máster en Integración de Redes en contornas Internet, con mais de 12 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web. Especialista en Marketing Online"
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse