Eventos

Buscador

    a
Neste obradoiro trataremos de iniciar a autónomos, pequenos empresarios e emprendedores na análise dos resultados que obtemos nos nosos sitios web.
A analítica web é unha ferramenta de negocio que nos axuda a entender o comportamento das persoas usuarias para que poidamos mellorar a súa experiencia. Desta forma seremos máis atractivos e obteremos máis visitas e de mellor calidade, o que nos axudará a obter máis e mellores vendas.

Índice de contidos

• Introdución, metodoloxía e importancia da analítica web
• Como funciona Google Analytics?
• Creación dunha conta 
• Creación e instalación do código de seguimento
• Conceptos e métricas básicas
• Informes estándar ¡Mans á obra!

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.


Neste obradoiro, dirixido a pemes e autónomos en xeral, explicarase de xeito práctico como crear anuncios segmentados na plataforma Facebook. Estes anuncios son vitais e forman parte da estratexia de mercadotecnia do seu negocio. Farase fincapé en cales deberían ser as estratexias das empresas das persoas asistentes. Recoméndase ter xa conta en Facebook para realizar as prácticas.	

Índice de contidos

•  Que é Facebook Ads?
•  Cales son as súas principais vantaxes?
•  Tipos de anuncios en Facebook
•  Estrutura das campañas de Facebook Ads
•  Vantaxes que ofrece o Power Editor
•  Como crear unha campaña co Power Editor
•  Como creo un conxunto de anuncios co Power Editor
•  Como configurar a mensaxe publicitaria segundo o tipo de anuncio
•  Público: o poder dunha boa segmentación
•  Optimización e prezos

O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.
Neste obradoiro búscase orientar as empresas e autónomos cara a unha mellora dos seus sistemas de almacenaxe actuais a través dos novos servizos ofrecidos na internet, xa que o uso desta ferramenta permítelle á empresa reducir os seus custos e garantir un mellor tempo de actividade dos servizos mencionados.	

Índice de contidos

• A nube: concepto e analoxías
• Por que almacenar na nube?
• Vantaxes e desvantaxes
• Dropbox
• Vinculación de conta
• Google Drive
• OneDrive
• Box

O Obradoiro será impartido por Rafael Yáñez Dobarro, Técnico de Sistemas, especializado en redes e seguridade, con mais de 14 anos de experiencia na implantación TIC nas empresas