Eventos

Buscador

    a
"O tema que se abordará neste curso correspóndese coa segunda parte do obradoiro Google Analytics: Iniciación á analítica Web.
Nesta parte centrarémonos en interpretar os datos dos informes máis importantes e en entender as diferentes métricas e dimensións.
A idea principal que se busca alcanzar é poder chegar á toma de decisións óptima e corrixir pautas para mellorar os nosos obxectivos comerciais. 

Índice de contidos
• Dimensións métricas e valores 
• As vistas
• Os obxectivos 
• Embudes de conversión
• Referencia de tráfico de campañas

O obradoiro será impartido por Eliana Bouzas, Licenciada en publicidade e relacións públicas pola Uvigo e Master en Tecnoloxías da Información e desenvolvemento rexional pola USC, con máis de 6 anos de experiencia vinculada a proyectos de alfabetización e capacitación dixital."
"Formar pemes e autónomos no manexo do certificado dixital, os seus diferentes tipos e para que serven. Abordarase desde un punto de vista práctico, enfocando cales son as vantaxes que lles ofrece ós usuarios a implantación destes sistemas e como activalos.

Índice de contidos
• Introdución
• Que é o certificado digital?
• Vantaxes do certificado dixital
• O cifrado
• Servizos ofrecidos
• Tipos de certificado

O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores."
"Curso básico sobre conceptos de web, enfocado na importancia dunha páxina profesional e os seus beneficios como empresa e o seu correcto posicionamento en internet a través de técnicas gratuítas.

Índice de contidos
• Conceptos básicos
• Dominios, hosting…
• Para que podo utilizar un dominio 
• .com vs. .es e outras extensións
• Presenza en internet:
• Beneficios
• ¿Como o logramos?
• SEO 
• Posicionamento interno
• Posicionamento externo
• Penalización en motores de procura

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce"