Eventos

Buscador

    a
Obxectivo:

Neste obradoiro trataremos de iniciar a autónomos, pequenos empresarios e emprendedores na análise dos resultados que obtemos nos nosos sitios web, unha ferramenta de negocio que nos axuda a entender o comportamento das persoas usuarias para que poidamos mellorar a súa experiencia. Desta forma seremos máis atractivos e obteremos máis visitas e de mellor calidade, o que nos axudará a obter máis e mellores vendas.

Contidos:
•	Introdución, metodoloxía e importancia da analítica web
•	Como funciona Google Analytics?
•	Creación dunha conta 
•	Creación e instalación do código de seguimento
•	Conceptos e métricas básicas
•	Informes estándar ¡Mans á obra!

O taller será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levanto mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.
Obxectivos:
Hoxe en día somos conscientes das vantaxes que ten para o noso negocio o dispoñer da información aloxada "na nube", na Internet: acceso desde calquera lugar, manter copias de seguridade da nosa información... pero adoitamos utilizar solucións privativas (tipo Dropbox ou Google Drive). Neste obradoiro coñeceremos como crear a nosa propia "nube" ca ferramenta OwnCloud. OwnCloud é unha aplicación de software libre para aloxamente de arquivos, que permite almacenamento e compartición en liña. É unha alternativalibre ás solucións privadas existentes no mercado, que pon moita énfase na flexibilidade e na seguridade.

Contidos:
• Introducción: Que é OwnCloud e introducción a CloudComputing
• Interface de OwnCloud
• Clientes de sincronización
• Copias de seguridade
• Instalación de OwnCloud Server
• Caso práctico

O obradoiro será impartido por José Luís Fernández, director de Servizos técnicos de Stoutic. Enxeñeiro técnico en informática de xestión, conta coas certificacións Red Hat Certified System Administrator (RHCSA), LPIC- 2 Certificación Profesional Avanzado de Linux e Cloudera Certified Administrator por Hadoop (CCAH).