Eventos

Buscador

    a
Hoxe en día ninguén pon en dúbida que as Redes Sociais son un fenómeno sociolóxico que cambiaron a nosa maneira de comunicarnos. Por tanto, o noso negocio non debe ser alleo a iso, pero debemos establecer e seguir certas normas á hora de utilizalas desde o punto de vista profesional. Neste taller daranse as pautas para contar cunha exitosa estratexia en redes sociais como ferramenta de comunicación para o noso negocio.	

Índice de contidos

Por que necesito unha guía de boas prácticas en Redes Sociais?
Uso persoal vs. uso profesional
Aspectos a ter en conta
Exemplos de manuais corporativos de boas prácticas

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Neste obradoiro explicanse as vantaxes da implantación dun xestor documental intelixente 	

Índice de contidos

• Que é a xestión documental
• Por que dixitalizar documentos. Beneficios
• Especificacións
• Selados, avisos e notas
• Indexación y multiformato
• Fluxo de traballo
• Dixitalización certificada
• Grampado desgrampado, conversores
• Importación de estruturas

O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.
Taller dirixido a todos aqueles empresarios e empresarias que queiran xestionar a sua propia tenda online dunha maneira sinxela á vez que potente.

Índice de contidos

• Configuración avanzada dos productos
• Crear promocions, descontos e outras características extra
• Engadir proteccions profesionais para os datos dos teus clientes
• Addons para woocommerce

O Obradoiro será impartido por Rafael Yáñez Dobarro, Técnico de Sistemas, especializado en redes e seguridade, con máis de 14 anos de experienciana implantación TIC nas empresas