Eventos
Eventos
Buscador
O obxectivo desde obradoiro é mostrar as claves para a realización de fotos que comuniquen e inviten á experiencia, aprender cales son eses elementos da composición visual que te axudaran a facer fotografías que transmitan a esencia do teu establecemento turístico e do espazo rural que o rodea. Índice de contidos • A clave esta en comunicar • É o equipo un factor determinante a hora de acadar fotografías atractivas? • Cales son os elementos básicos que se requiren para fotografía co SmartPhone? • Antes de disparar ha de saberse mirar. • A regra dos terzos • Que se precisa para gravar un vídeo? • Softwares mais empregados para crear presentacións con fotos e vídeos • Conclusións O Obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.
16/11/2017 19:00
Taller dirixido a todos aqueles empresarios e empresarias que queiran xestionar a súa propia tenda online dunha maneira sinxela á vez que potente. Baseado no xestor de contidos Woocommerce, este taller intégrase nun itinerario formativo de comercio electrónico que ten a súa continuación co módulo 2 do devandito taller. Debido a que o taller partirá da asunción de certos coñecementos informáticos básicos por parte do asistente considérase que teñen un nivel medio de dificultade. Índice de contidos • Xestores de tendas online: Prestashop, Magento, WooCommerce • Elixir un entorno de aloxamento rápido e seguro • Instalación de Woocommerce • Elixir o tema adecuado para a tua web • Métodos de pago e métodos de entrega • Engadir categorías e productos O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce
Rexistro
Calendario eventos
« | Novembro 2017 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 |
- Ciberseguridade, que é o malware22 de abril de 2024 10:30Máis información
- Programación con Arduino Módulo I - Parte II24 de abril de 2024 10:30Máis información
- Instagram para principiantes I26 de abril de 2024 12:00Máis información
- Ciberseguridade, o Phishing29 de abril de 2024 10:30Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento