Eventos

Buscador

    a
"Neste obradoiro búscase orientar as empresas e autónomos cara a unha mellora dos seus sistemas de almacenaxe actuais a través dos novos servizos ofrecidos na internet, xa que o uso desta ferramenta permítelle á empresa reducir os seus custos e garantir un mellor tempo de actividade dos servizos mencionados.

Índice de contidos
• A nube: concepto e analoxías
• Por que almacenar na nube?
• Vantaxes e desvantaxes
• Dropbox
• Vinculación de conta
• Google Drive

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos."
"Neste obradoiro aprenderemos a planificar a nosa axenda e a dos nosos empregados desde esta aplicación na nube, sincronizando Google Calendar nos nosos dispositivos móbiles coa nosa axenda de contactos en Google. 
Podemos crear múltiples calendarios compartidos entre os diferentes usuarios da organización ou externos e organizar as citas cos nosos clientes ou provedores convidándoos a diferentes eventos, ós que nos darán a súa previa aceptación.

Índice de contidos
• Planificación das miñas tarefas e reunións
• Creación e xestión de calendarios compartidos cos nosos empregados ou de perfís distintos dentro da empresa
• Invitación a reunións e citas cos nosos clientes ou provedores esixindo a súa aceptación
• Conexión coa axenda de contactos
• Sincronización cos dispositivos móbiles

O taller será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores."
Este taller esta dirixido a pemes, autónomos e emprendedores. Se tes una idea para unha APP e non sabes por onde comezar, neste evento axudarémosche a despexar as túas dubidas, falarase dos pasos a realizar para o desenvolvemento de APP e as plataformas que debes empregar, tamén se falara das distintas formas de monetizar a APP.
Explicaranse os diferentes trucos e accións de marketing para que a túa APP sexa visible así como as distintas ferramentas imprescindíbeis para levar a cabo todo o proceso.
Contidos:
• Teño unha idea
• Aplicar metodoloxía Lean
• Desenvolvemento de MPV (produto mínimo viable)
• Saír a rúa y validar
• Ferramentas de prototipo
• Documentación.

Relator: o obradoiro será impartido por Avelino Correa. Fundador da APP CreapCuentos. Colaborador de eventos de emprendedores, con mais de 16 anos de experiencia no campo das tecnoloxías de información e comunicación