Eventos

Buscador

    a
"Con este obradoiro preténdese informar as empresas da importancia que ten hoxe en día o comercio electrónico e darlles a coñecer as vantaxes que ofrece esta ferramenta. Traballarase o deseño e a estratexia que deberá ter a nosa tenda en liña para xerar bos resultados.


Índice de contidos
1º  Que é o comercio electrónico?
2º Vantaxes da venda en liña
4º  Elementos básicos da nosa tenda
5º  Plataforma Prestashop e Wordpress para o deseño da nosa tenda:
• Personalizando a nosa tenda
• O catálogo de produtos
• Rexistro e área de usuario
• Carriño da compra

O taller será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores."